RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
Queridas familias e queridos nenos e nenas: o curso chegou ao seu fin. Ao longo de 9 meses traballamos moito, cantamos, rimos, bailamos, debuxamos, sumamos, restamos, multiplicamos e ata dividimos, fomos de excursión, recibimos un montón de visitas, aprendemos unha manchea de cousas, abrazámonos, enfadámonos e perdoámonos, aprendemos a traballar en equipo, a poñernos na pel do outro, a correxir os nosos fallos e tamén aprendemos a facer as cousas sen medo a equivocarnos...percorremos un longo camiño e maduramos e medramos. Agora chega o momento de descansar, de soñar, de construír castelos de area, de voar co noso papaventos e de mergullarnos en mil e unha aventuras. Síntome afortunade de ter coincidido con todos vós durante este curso, darvos as grazas a todos por escoitarme, por axudarme a asentar os cimentos das persoas que chegarán a ser algún día os vosos fillos e fillas, por escoitar os consellos e por encher de ilusión e fantasía, pero tamén de responsabilidade e impl...
.jpeg)
